Publicador de contidos

Publicador de contidos

O FBI atopou na casa de Trump documentos que detallan as capacidades nucleares doutro país

O FBI atopou na casa de Trump documentos que detallan as capacidades nucleares doutro país

O xornal The Washington Post deu a exclusiva, citando fontes da investigación, pero sen identificar o país de que se trata

Segundo o que publica o medio, hai documentos que detallan operacións de alto segredo que requiren autorizacións especiais

G24.gal 07/09/2022 09:04

Entre os máis de once mil documentos e fotografías do goberno que atopou o FBI nos rexistros da casa de Donald Trump en Mar-a-Lago hai algúns que detallan as defensas militares dun país que non é Estados Unidos, incluídas as súas capacidades nucleares. O xornal The Washington Post deu a exclusiva, citando fontes da investigación, pero sen identificar o país de que se trata.

Segundo o que publica o medio, hai documentos que detallan operacións de alto segredo que requiren autorizacións especiais. E algúns serían tan restrinxidos que nin os altos funcionarios de seguridade nacional do goberno de Biden os poden consultar.

A investigación ao expresidente dos Estados Unidos por sacar papeis confidenciais da Casa Branca despois de abandonar o cargo segue o seu curso. Esta semana, a xustiza accedeu á petición de Trump de nomear un perito independente para supervisar o material incautado en Mar-a-Lago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade