Publicador de contidos

Publicador de contidos

O euríbor modera a suba por mor da inestabilidade do sector bancario

O euríbor modera a suba por mor da inestabilidade do sector bancario

O índice de referencia maioritario nas hipotecas pecha marzo no 3,65 % logo de aproximarse ao 4 %

G24.gal 31/03/2023 16:13

O euríbor que ía disparado ao 4 por cento, fréase un pouco. Pecha este mes nun 3,65. Tócalles ás familias facer contas para ver canto lles pode subir a mensualidade que o van notar nas súas cotas, de media terán que pagar uns 300 euros máis ao mes.

Así que nunha hipoteca media de 150.000 euros a 25 anos se antes pagabas 400 euros ao mes agora a cota pasará a ser de 700 euros, un incremento que supón máis de 3.400 euros de gasto extra nun ano.

En marzo do ano pasado o euríbor estaba en negativo, pero pechou este mes no 3,65 por cento, e iso que a piques estivo de chegar ao 4 por cento. A crise bancaria freou esa suba.

O sector inmobiliario está preocupado porque esta alza dos tipos de interese afectan as vendas.

O indicador parece que seguirá encarecendo as hipotecas e, segundo os expertos, poderían fixarse no 4 por cento nos vindeiros meses. Con esa volatilidade os que deciden comprar optan cada vez máis por asinar hipotecas a tipo fixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade