Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo, na G2, e o Pontevedra abren a xornada de Primeira RFEF deste sábado

O Deportivo, na G2, e o Pontevedra abren a xornada de Primeira RFEF deste sábado

G24.gal 03/09/2022 14:31

Esta vez si, esta vez semella que o Deportivo vai poder estrear a temporada, logo do adiamento, a restruturación do grupo e o peche do mercado. A Borja Jiménez gustaríalle repetir unha campaña como a anterior, pero recoñece que as dificultades van ser maiores.

Borja Jiménez. Adestrador do R.C.Deportivo. "Asinaría volver facer a mesma puntuación que o ano pasado, creo que nos achegaría bastante o obxectivo, pero estamos nun novo ano, nun grupo que aumentou a súa dificultade por mil".

A Riazor chega o Linense, que na primeira xornada empatou na casa do Real Madrid Castela.

Borja Jiménez. Adestrador do R.C.Deportivo. "Se a semana pasada foron capaces de ser atrevidos e valentes, de apretar arriba o rival, de asumir riscos no inicio, nada me fai pensar que aquí se van comportar doutro xeito".

Boa imaxe ofreceron tamén a semana pasada o Sanse derrotando o Celta B e o Pontevedra coa súa igualada ante o Alcorcón.

Os dous equipos enfróntanse as 21.30 en Matapiñonera nun partido no que o técnico galego Antonio Fernández amósase ilusionado en repetir as mesmas sensacións no primeiro partido coma visitante.

Antonio Fernández. Adestrador do Pontevedra C.F. "Nós temos unha idea fixa e clara, é unha idea que nos está a dar réditos ata o momento, temos que ser fieis o noso modelo e logo, a partires de ahí, ter pequenos mecanismos porque non é o mesmo xogar diante da nosa xente que facelo fóra da casa, non?"

Se algo se da por seguro e que tanto o Deportivo como o Pontevedra nunca estarán sós.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar