Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Curro de Sabucedo celébrase esta fin de semana tras dous anos de pandemia

O Curro de Sabucedo celébrase esta fin de semana tras dous anos de pandemia

Agardan baixar do monte 350 cabalos 

A festa desenvolverase entre o 30 de xuño e 4 de xullo

Marta González Salve 30/06/2022 13:51

Traballos contra o reloxo nos arredores do recinto onde esta fin de semana se desenvolverá o curro de Sabucedo. Unha celebración que é o colofón a un intenso ano de traballo, sobre todo no monte.

Por diante catro días de festa para gozar dun espectáculo declarado de Interese Turístico Internacional que comeza mañá coa tradicional subida ao monte en busca dos cabalos.

En total agardan baixar unhas 350 cabezas que se medirán no recinto cos aloitadores. Un espectáculo que recibirá a vista de polo menos 15.000 persoas ao longo dos 4 días nos que, ademais do curro, poderán gozar doutras moitas actividades.

Un traballo de meses para manter viva e gozar desta celebración marcada pola tradición e a cultura galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade