Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso aproba os dereitos das traballadoras do fogar

O Congreso aproba os dereitos das traballadoras do fogar

Terán dereito ao paro e a vacacións

Elimínase o despedimento libre

As traballadoras domésticas terán os mesmos dereitos ca os outros traballadores
G24.gal 10/06/2022 09:28

O Congreso aprobou a ratificación dos dereitos laborais para as empregadas do fogar: terán dereito a períodos de descanso, ao subsidio de desemprego e condicións semellantes ao resto de traballadores. 

Con 241 votos a favor e ningún en contra, así se celebraba no Congreso a aprobación do texto que garante que as traballadoras domésticas desfruten de condicións equitativas e non menos favorables que o resto dos profesionais. 

A ratificación do convenio 189 da Organización Internacional do Traballo protexe os dereitos das traballadoras do fogar e amplíallelos. Ata agora pertencían ao réxime especial e levaban anos loitando por pertencer ao réxime xeral coma o resto dos traballadores.

A partir deste día, que cualifican de histórico, terán dereito ao paro, ao descanso e a vacacións, e elimínase a figura do desistimento, que permitía o despedimento libre e inxustificado. 

Á celebración sumábase a vicepresidenta Yolanda Díaz.

O cambio legal aprobado agora afecta a preto de medio millón de persoas en España, na maioría mulleres e estranxeiras. Pero hai outras 200.000 que nin sequera teñen contrato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade