Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cisne perde co Logroño nun final moi axustado (32-33)

O Cisne perde co Logroño nun final moi axustado (32-33)

Os pontevedreses tiveron a ocasión de empatar na última xogada do partido

Foto: Fernando Lago @ASOBAL
G24.gal 10/12/2022 20:37

O Cisne caeu á penúltima praza da Liga Asobal, con só sete puntos, logo da súa derrota ante o Logroño en Pontevedra.

O equipo galego foi por detrás no marcador durante todo o partido, pero nunha boa recta final igualou as cousas e estivo moi preto de sumar cando menos un empate. Os goles de Chan e Cavalcanti servíronlle ao Cisne para rozar a remontada, pero o encontro acabou cun 32 a 33 a prol do equipo rioxano logo do erro no último lanzamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade