Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CIS sitúa o PSOE á cabeza cunha forte vantaxe de catro puntos sobre o PP

O CIS sitúa o PSOE á cabeza cunha forte vantaxe de catro puntos sobre o PP

Unidas Podemos sería a terceira forza no hemiciclo, co 12,7 % da estimación de voto

Vox continúa a súa caída e baixa dos dous díxitos por primeira vez nesta lexislatura

O presidente do Goberno e o líder da oposición, en Moncloa. EFE | Sergio Pérez O presidente do Goberno e o líder da oposición, en Moncloa. EFE | Sergio Pérez
G24.gal 17/10/2022 12:40

O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de outubro, dado a coñecer este luns, eleva a estimación de voto do PSOE ata o 32,7 % (+3,5 respecto á de setembro), a súa cota máis alta da lexislatura, e volve situar os socialistas na cabeza cunha vantaxe de catro puntos sobre o PP, que queda nun 28,7 % (+0,2)

En terceira posición repite Unidas Podemos, cun 12,7 %, mentres que Vox afúndese e baixa dos dous díxitos por primeira vez na lexislatura, anotando só un 8,8 % (-1,5).

Para a enquisa de La Razón, gaña o PP

Outra enquisa, que publica hoxe o xornal La Razón, sinala que o PP aumenta a súa distancia sobre o PSOE.

Os populares lograrían o 34 por cento dos votos e ata 144 escanos no Congreso. Son dez puntos de vantaxe sobre o PSOE, que frea a súa caída e obtería ata 93 deputados co 24 por cento dos votos.

Vox mantense como terceira forza, pero perdería ata 13 escanos. Unidas Podemos quedaría con 26, e Ciudadanos desaparecería do Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade