Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CIS dá gañador a Sánchez no debate con Feijóo no Senado

O CIS dá gañador a Sánchez no debate con Feijóo no Senado

Un 29 % dos españois que seguiron o debate da semana pasada no Senado -apenas un 21,1%  de cidadáns- considera gañador o presidente do Goberno, Pedro Sánchez

A distancia entre ambos recórtase cando se ten en conta o total de persoas entrevistadas e non só as que aseguran seguir o debate: neste caso, un 17,7 % cita a Sánchez como gañador

G24.gal 14/09/2022 12:56

Un 29 % dos españois que seguiron o debate da semana pasada no Senado -apenas un 21,1%  de cidadáns- considera que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, gañou o cara a cara co líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, triunfador para un 24 %, segundo o CIS.

A sondaxe difundida este mércores polo Centro de Investigacións Sociolóxicas apunta que a maioría dos votantes socialistas -58,3 %- e dos partidos que apoian ao Goberno dan por gañador a Sánchez.

Do mesmo xeito, Feijóo foi o triunfador do debate para os votantes do PP -62,8 %-, os de Vox -47,3- e Cidadáns, cun 29,5 %. Sobre o total de cidadáns seguisen ou non o debate, un 17,7 dá o triunfo a Sánchez e un 14,6 a Feijóo, mentres que o 15,9 cre que non gañou ningún. Un 12 por cento non sabe ou non contesta, e un 39,1 por cento confesa que non tivo coñecemento desa cita parlamentaria.

A enquisa apunta ao escaso seguimento da sesión plenaria sobre enerxía que se celebrou na Cámara Alta o martes 6 de setembro, xa que só foi seguida por un 21,1 % dos enquisados. 

Con todo, a distancia entre ambos se recorta cando se teñen en conta o total de persoas entrevistadas e non só as que aseguran seguir o debate. Neste caso, un 17,7 % cita a Sánchez como gañador, fronte ao 14,6%, que opta por Feijóo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade