Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas comeza a Asobal demostrando os mesmos sinais de identidade

O Cangas comeza a Asobal demostrando os mesmos sinais de identidade

Gañou por 32-27 ao Puente Genil nun gran segundo tempo

Derrota do Cisne na pista do Anaitasuna no seu regreso á elite

G24.gal 04/09/2022 21:16

O Frigoríficos do Morrazo comezou a temporada coas mesmas sensacións que exitosa última campaña. Gañou por 32-27 ao Puente Genil nunha gran segunda metade. No descanso o resultado era de 14-14 e ao pouco de principiar a segunda parte dominaban os visitantes por 18-19. Levados polo público os cangueses comezaron a remonta cun parcial de 6-2 (24-21) e puxéronse cun +5 grazas á súa defensa e rápidos contragolpes. Mario Dorado foise ata os nove goles e Brais González fixo cinco. 

Tamén debutou na súa volta á Asobal o Cisne, que perdeu na pista do Anaitasuna. Os pontevedreses mantivéronse no partido grazas aos sete tantos de Alexandre Chan. Pero o certo é que sempre estiveron por debaixo no marcador. O resultado final foi de 32-29. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade