Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cadáver achado no cabo de Peñas é o de Sandra Bermejo, segundo as probas de ADN

O cadáver achado no cabo de Peñas é o de Sandra Bermejo, segundo as probas de ADN

A Policía Nacional de Xixón segue traballando para esclarecer a súa morte

G24.gal 04/01/2023 16:13 Última actualización 04/01/2023 20:48

A Policía Científica confirmou este mércores que os restos humanos achados o pasado 23 de decembro no cabo de Peñas, no concello asturiano de Gozón, resultan compatibles co perfil xenético da psicóloga madrileña Sandra Bermejo, desaparecida o 8 de novembro de 2022.

Tras comunicar oficialmente o resultado do ADN, a asociación SOS Desaparecidos desactivou a alerta que mantiña desde que se tivo coñecemento da desaparición da muller.

Efectivos do Grupo Especial de Operacións (GEO) e a UDEV da Policía Nacional centraran a procura por mar na zona de cantís do cabo de Peñas.

Sandra Bermejo levaba dous anos vivindo en Xixón. A súa pegada perdeuse sobre as 17:00 horas do 8 de novembro, cando o sinal do seu teléfono móbil foi localizado por un repetidor no aparcadoiro máis próximo á pena A Gaviera, onde atoparon o seu vehículo.

O coche non tiña signos de violencia. Dentro estaba o bolso coa documentación e as tarxetas bancarias, pero faltaba o teléfono.

A véspera de Noiteboa, un pescador atopou uns restos humanos nunhas pedras do cantil.

A Policía Nacional de Xixón, que está a cargo da investigación, segue traballando para esclarecer os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade