Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG reclama un plan de rescate para o rural

O BNG reclama un plan de rescate para o rural

Nun encontro con mulleres rurais emprendedoras, Ana Pontón dixo que hai que darlle futuro ao rural e loitar contra a despoboación

Propoñen máis servizos básicos de calidade, recuperar terras abandonadas e mellorar as canles de comercilización dos produtos agrogandeiros

G24.gal 23/06/2022 14:26

Os nacionalistas reclaman un plan de rescate para o rural.  Hoxe a portavoz nacional mantivo un encontro con mulleres rurais emprendedoras en Friol. Ana Pontón dixo que entre as súas propostas están garantir uns servizos básicos de calidade, recuperar máis de 100.000 hectáreas de terra abandonadas e facilitar a comercialización dos produtos agrogandeiros. 

"Apostamos por un medio rural vivo, porque isto significa aproveitar e coidar o noso territorio, loitar contra o despoboamento, por fixar poboación no medio rural, en definitiva darlle futuro a unha parte moi importante do territorio", dixo Ana Pontón.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade