O BNG propón unha tarifa plana de 30 euros ao mes para o transporte público
O BNG propón unha tarifa plana de 30 euros ao mes para o transporte público
Ana Pontón presentou a tarxeta simbólica Toda Galiza, unha tarifa plana e ilimitada de 30 euros ao mes que serviría para moverse por toda Galicia en tren, autobús, barco e taxi rural
A portavoz nacional do BNG Ana Pontón presentou este luns a tarxeta simbólica Toda Galiza, unha tarifa plana e ilimitada de 30 euros ao mes que serviría para moverse por toda Galicia en tren, autobús, barco e taxi rural e favorecer o transporte público e a intermodalidade.
Así o sinalou Pontón, que, acompañada esta mañá por deputados e cargos locais do BNG, mostrou aos medios de comunicación no exterior da estación intermodal de Santiago de Compostela esta tarxeta coa que propón crear unha tarifa atractiva para fomentar o transporte público.
A líder do Bloque sinalou que esta iniciativa é "importante" nun contexto de crise de prezos, no que "encher o depósito do coche é un luxo para miles de persoas".