Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG presenta a Francisco Jorquera como candidato á alcaldía da Coruña

O BNG presenta a Francisco Jorquera como candidato á alcaldía da Coruña

Pontón asegurou que Jorquera será un alcalde coas mans libres para defender os intereses dos coruñeses

A voceira nacional do BNG presentou a candidatura de Jorquera
G24.gal 16/09/2022 13:03

O BNG presentou oficialmente a súa candidatura á alcaldía da Coruña para as eleccións municipais do ano que vén. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, acompañou o candidato Francisco Jorquera, actual voceiro da formación nacionalista no concello.

Pontón asegurou que Jorquera será un alcalde coas mans libres para defender os intereses dos coruñeses, sen ser refén nin de Ferraz nin de Génova. A voceira nacional louvou a determinación e o compromiso do candidato, que lle permitirá liderar, dixo, o cambio de rumbo que precisa a cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade