Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG pide IVE cero ou reducido para alimentos básicos

O BNG pide IVE cero ou reducido para alimentos básicos

Ana Pontón defende que as grandes distribuidoras deben pagar máis pola crise de prezos

A voceira nacional do BNG visitou a praza de abastos de Redondela
G24.gal 16/12/2022 13:12

O BNG pide que a cesta básica de alimentos teña un IVE do 0 % ou se incremente o IVE reducido.

Durante a visita á praza de abastos de Redondela, a voceira nacional Ana Pontón demandou que se modifique a lei de cadea alimentaria e que se cree un observatorio galego de prezos para combater a especulación e garantir transparencia.

Pontón asegurou que se están dando incrementos de prezos de ata o 200 % sen xustificación e que hai que actuar para evitar que algúns alimentos básicos coma carne ou peixe sexan un luxo ao alcance dunha minoría

O BNG convocou unha mobilización para o vindeiro domingo para reclamar medidas para evitar que paguen os de sempre por unha crise que non causaron. E reclamou que as grandes distribuidoras da alimentación, que están recollendo moitos beneficios, paguen máis impostos, igual ca a banca e as eléctricas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos