Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BCE di que irá tan lonxe como sexa necesario para estabilizar a inflación

O BCE di que irá tan lonxe como sexa necesario para estabilizar a inflación

A súa directora Christine Lagarde recoñece que a inflación permanecerá alta durante algún tempo

Xa se tomaron novas medidas para tentar combatela

G24.gal 28/06/2022 21:15 Última actualización 28/06/2022 21:35

O Banco Central Europeo advirte de que irá tan lonxe como sexa necesario para estabilizar a inflación. Son palabras da súa directora Christine Lagarde, despois de recoñecer que a inflación permanecerá alta durante algún tempo.

A suba de tipos de xuro e o reinvestimento dos bonos xa vencidos, adquiridos no programa asociado á pandemia, son algunhas das novas medidas para combatela.

A inflación na Eurozona está cada vez máis relacionada con factores internos e comeza a ser, din os expertos, autosuficiente.

A inflación da zona euro leva varios meses marcando novos máximos históricos, pero aínda hai algúns membros no Consello de Goberno eno Comité Executivo que avogan por impoñer un ritmo moderado na normalización monetaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos