Cargando resultados...
O Balonmán Porriño achega tres xogadoras á convocatoria da selección española
O Balonmán Porriño achega tres xogadoras á convocatoria da selección española
Aitana Santomé, Maider Barros e Paulina Buforn son as elixidas
O Porriño e o Bera Bera son os equipos que máis xogadoras achegan
G24.gal
18/09/2024 20:09
Aitana Santomé, única galega nesta convocatoria, e Maider Barros estréanse coa selección absoluta tras proclamarse campioas no mundial universitario este verán. O Porriño é o equipo que máis internacionais achega, xunto co Bera Bera. Ademais da moañesa e a vasca, volve á selección Paulina Buforn. Hai moitas caras novas nesta concentración destinada principalmente a testar os novos valores que poidan encaixar na renovación da selección.