Publicador de contidos

Publicador de contidos

O autor confeso do triplo crime de Valga garda silencio no xuízo

O autor confeso do triplo crime de Valga garda silencio no xuízo

José Luis Abet acolleuse ao dereito a non declarar. O resto das testemuñas ratificaron as súas declaracións previas.

A vista continúa durante a tarde co testemuño de varios gardas civís que investigaron o caso

G24.gal 07/03/2023 16:11

Na Audiencia de Pontevedra, o acusado do triplo crime de Valga negouse a declarar no xuízo, que se celebra a porta pechada.

José Luis Abet, quen confesou no seu día os asasinatos da súa exmuller, da súa excuñada e da súa exsogra, decidiu non contestar a ningunha das preguntas que tiñan previsto formularlle as partes, nin sequera ás da súa defensa.

Así as cousas, a vista continuou coa declaración do resto das testemuñas, tal e como relataba á saída o avogado da acusación particular, Manuel Martín, que representa a familia das vítimas, e todos ratificaron as súas declaracións previas.

Quen tampouco declarou foi o fillo maior do acusado, quen tiña sete anos cando presenciou o crime contra a súa nai, a súa tía e a súa avoa. Aceptouse reproducir un vídeo coa súa declaración realizada durante a fase de instrución e así evitouse que o menor tivese que pasar polo difícil momento de ter que recordar ocorrido.

A vista, a porta pechada, continúa ao longo da tarde deste martes coa declaración dos gardas civís que participaron na investigación do triplo crime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade