Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 63 % dos autónomos galegos están satisfeitos co seu traballo

O 63 % dos autónomos galegos están satisfeitos co seu traballo

É un dos datos do Informe galego do traballo autónomo

O vicepresidente primeiro ratificou o apoio da Xunta ao emprendemento e o emprego autónomo

G24.gal 15/09/2022 20:23

O 83 % dos autónomos galegos traballa máis de oito horas e a metade recoñece que non tivo máis de sete días de vacacións no último ano. Con todo, o 63% está satisfeito co seu traballo.

Son algunhas das conclusións do Informe galego do traballo autónomo que analiza o sector. Na presentación, o vicepresidente primeiro da Xunta ratificou o apoio do Goberno galego ao colectivo.

Francisco Conde indicou que o Goberno galego trata de dar resposta ás necesidades coa Oficina Virtual do Autónomo, os plans de rescate nos que xa mobilizaron 416 millóns e tamén coas medidas para paliar o prezo da electricidade.

"Estamos intentando acompañar as necesidades dos autónomos sobre todo para que poidan ter un prezo eléctrico competitivo. Un prezo enerxético moi vinculado a pequenos investimentos como o Bono Enerxía Peme ou, simplemente, os investimentos no eido do autoconsumo. Son uns investimentos que son pequenos para os autónomos pero que teñen moito impacto na factura eléctrica", afirma Francisco Conde, vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade