Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 23, a terminación máis demandada para o sorteo do Neno, xa está esgotada

O 23, a terminación máis demandada para o sorteo do Neno, xa está esgotada

Os galegos gastaremos unha media de 16 euros

No bar Venecia de Santiago levan cinco anos consecutivos repartindo premios nos sorteos do Nadal e Reis
G24.gal 02/01/2023 13:15

700 millóns de euros repartiránse o vindeiro venres no sorteo extraordinario da lotaría do Neno, o segundo mais importante despois do de Nadal, pero con máis probabilidade de obter premio. Os galegos gastaremos unha media de 16 euros. Os coruñeses os que mais e os ourensáns os que menos.

Á hora de elixir os números hai quen aposta por terminacións concretas ou quen o deixa nas mans do azar.

Tamén hai números ou terminacións fetiche, como a do ano que estreamos, que xa está esgotada. Outras son o 15, o 27 e o 69.

No bar Venecia, na compostelá rúa do Horreo, levan cinco anos consecutivos repartindo algún premio nos sorteos de Nadal e Reis e confían en que siga a boa sorte.

O sorteo poderá seguirse en directo o venres pola Televisión de Galicia e a Radio Galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade