Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo tiroteo nos EUA: tres mortos e 14 feridos nunha discoteca en Tennessee

Novo tiroteo nos EUA: tres mortos e 14 feridos nunha discoteca en Tennessee

Dúas persoas morreron por impacto de bala e outro tras ser atropelado

Non houbo detencións nin se identificaron sospeitosos

Tres mortos e once feridos en Filadelfia noutro ataque con armas

Lugar do tiroteo en Chatanooga, Tennessee / EUA Lugar do tiroteo en Chatanooga, Tennessee / EUA
G24.gal 05/06/2022 23:15 Última actualización 05/06/2022 23:32

Tres persoas morreron e outras 14 feríronse nun tiroteo na madrugada do domingo nunha discoteca na localidade de Chatanooga, en Tennessee, nos Estados Unidos.

A policía tras recibir o aviso chegou ao lugar, onde localizou varias vítimas ás que lles prestou atención sanitaria.

Un total de 14 persoas recibiron feridas de bala e tres máis foron atropeladas polos coches nos que a xente fuxía do lugar. Dous dos falecidos morreron por impacto de bala e o terceiro nun atropelo.

A policía traballa coa hipótese de que os atacantes foron varios tiradores con armas diferentes, pero polo de agora non houbo detencións nin se identificaron vítimas nin sospeitosos dos feitos.

É o segundo tiroteo da xornada tras o rexistrado en Filadelfia con outros tres mortos e once feridos nunha zona de ocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade