Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova campaña arqueolóxica nos barcos afundidos preto de Ribadeo

Nova campaña arqueolóxica nos barcos afundidos preto de Ribadeo

Xunto ao galeón do século XVI, tamén apareceron outras dúas embarcacións

Nas proximidades apareceron pezas de cerámica e munición que terán que estudar

G24.gal 26/06/2022 14:45 Última actualización 26/06/2022 14:56

A riqueza do porto de Ribadeo está mergullada. A apenas 150 metros da costa, durante uns traballos de dragado da ría, apareceu hai dez anos un galeón do século XVI moi ben conservado, e máis recentemente deron con outros dous barcos. É o resultado das campañas arqueolóxicas impulsadas pola Xunta.

O material extraído, como esta madeira da cuberta, agora terán que catalogalo e estudalo para datalo.

Con todo, o máis sorprendente foi atopar un galeón do século XVI.

É a primeira escavación con métodos científicos que se fai dun buque destas características. Está moi ben conservado, mantén o vinte por cento da cuberta e os traballos arqueolóxicos nesta ocasión enfocaranse na parte central. A embarcación pertenceu á Armada de Filipe II e afundiuse en Ribadeo en 1597, ao refuxiarse dun temporal tras fracasar nun ataque a Gran Bretaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade