Publicador de contidos

Publicador de contidos

A participación nas eleccións de Castela e León ás 18:00 horas sitúase no 51,62 %

A participación nas eleccións de Castela e León ás 18:00 horas sitúase no 51,62 %

Son 2,08 puntos menos ca nas eleccións do ano 2019 na mesma franxa horaria

Constituído o cen por cento das mesas sen apenas incidencias

Expedientan o membro dunha mesa por negarse a levar máscara

G24.gal 13/02/2022 13:53

A participación nas eleccións autonómicas de Castela e León situouse este domingo no 51,62 % ás 18:00 horas, o que representa 2,08 puntos menos ca no 2019.

A participación a esa hora descendeu en todas as provincias de Castela e León agás en Valladolid. Pola súa parte Ávila e Zamora son os dous territorios onde a participación descendeu con maior forza, nos dous casos o retroceso é superior ao 6 %, con respecto a 2019.

Sen incidentes salientables

Os colexios electorais abriron ás nove da maña con normalidade e sen apenas incidencias, aínda que a pandemia se deixou notar. En Ávila, un dos membros dunha mesa negouse a levar a máscara. A Policía Nacional abriulle expediente, e un suplente ocupou o seu lugar na mesa.

Tamén houbo que acudir aos suplentes en varias mesas de Palencia, León e Segovia porque os titulares non se atopaban ben, a pesar de que todos tiveron a posibilidade de facer un test de antíxenos ata media hora despois de que abriran os colexios electorais. 

"Tamén houbo unha incidencia en Salamanca. Desapareceu o censo electoral e a Garda Civil procede á súa restitución tamén nestes momentos", asegura Héctor Palencia, director de Administración local da Xunta de Castela e León.

Polo demais, a mañá desenvolveuse con tranquilidade, co cen por cento das catro mil cincocentas mesas constituídas.

Máis de dous millóns de persoas están convocadas ás urnas nuns comicios adiantados, que son, por primeira vez na historia de Castela e León, exclusivamente autonómicos. Algúns dos electores que falaron esta mañá coa Televisión de Galicia non agochaban unha certa decepción coa clase política.

Máis de 33.000 persoas, incluídos policías e gardas civís, traballan este domingo para que a xornada electoral se desenvolva sen problemas. Os colexios pecharán ás oito da tarde e comezará o escrutinio dos votos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade