Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CXPX finaliza sen acordo a reunión para renovar o Tribunal Constitucional

O CXPX finaliza sen acordo a reunión para renovar o Tribunal Constitucional

PSOE e PP acúsanse mutuamente de bloquear a renovación dos órganos xudiciais

G24.gal 08/09/2022 14:38

Tal e como estaba previsto non hai acordo sobre o nomeamento dos dous maxistrados do Tribunal Constitucional (TC) que se debatía no pleno do CXPX. O vindeiro martes remata o prazo dado polo Goberno que culpa o PP do bloqueo.

"É insoportable en democracia que o principal partido da oposición se negue a cumprir a constitución e se manteña en rebeldía", asegura a voceira do Goberno Isabel Rodríguez.

Mentres, os populares acusan o Goberno de querer controlar a xustiza e aseguran que están dispostos a sentarse para abordar a reforma 

"Imos seguir mantendo a nosa inequívoca vontade de chegar a acordos, pero non cun cambio de cromos senón a unha negociación seria e responsable que garanta a independencia", asegura a voceira do PP no Congreso, Cuca Gamarra.

Acusacións cruzadas nunha semana en que comezou o curso xudicial con polémica polas ameazas do presidente do Consello Xeral do Poder xudicial de dimitir se non hai acordo de renovación deste órgano

 "De non seren atendidos, será preciso reflexionar sobre outro tipo de decisións que non queremos nin nos gustan", dixo onte Carlos Lesmes presidente do CXPX.

O Goberno pídelle a Lesmes que cumpra a lei e nomee os maxistrados do constitucional en tempo. 

 "A min gustaríame que esa vehemencia de onte a utilizara durante estes catro anos, como presidente que é do Consello que cumpra a lei", aseguraba esta mañá Margarita Robles, ministra de Defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade