Publicador de contidos

Noite de terror en Quiroga coa visita a seis casas decoradas para o Samaín

Noite de terror en Quiroga coa visita a seis casas decoradas para o Samaín

G24.gal 31/10/2021 11:37

"Non me digan que non dan medo", así comezou en Quiroga a ruta do terror.

Organizada para celebrar o Samaín, é unha cita na que a maior parte dos asistentes acoden disfrazados de persoeiros sinistros.

Os sustos hai que ir buscalos porque do que se trata nesta ruta do terror de Quiroga é de visitar distintos escenarios dispersos pola localidade.

A noite, a decoración e os personaxes ocultos fan que o susto estea garantido.

Polo momento é a segunda edición dunha festa terrorífica da que gozaron os amantes do medo en Quiroga e que nesta ocasión contou con seis casas do terror.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos