Publicador de contidos

Noite accidentada nas estradas galegas sen feridos graves

Noite accidentada nas estradas galegas sen feridos graves

G24.gal 07/11/2021 10:31

As estradas galegas rexistraron numerosos incidentes durante esta madrugada, a maior parte deles a partir das catro da mañá. 

En Cuntis un accidente entre dous vehículos saldouse con tres persoas feridas leves, que foron trasladadas ao hospital provincial de Pontevedra.

Ao lugar acudiron Protección Civil de Cuntis e de Portas, servizos médicos e a Garda Civil de Tráfico, pero durante a noite os dispositivos de emerxencia tamén se activaron en Mañón, o Grove, Forcarei e Tomiño, entre outros.

Nalgúns producíronse saídas de vía con envorcaduras, aínda que en ningún caso houbo feridos graves. As baixas temperaturas destes días están a complicar a circulación durante a madrugada, polo que se recomenda a máxima precaución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar