Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un cociñeiro galego, no mellor restaurante do mundo

Un cociñeiro galego, no mellor restaurante do mundo

Yeray Álvarez, de Bueu, formouse nas escolas de hostalería de Pontevedra e Santiago, e agora traballa no Disfrutar de Barcelona

G24.gal 13/06/2024 14:24

Ao entrar na cociña do mellor restaurante do mundo, entre os que crean pratos únicos, hai un galego.

Yeray Álvarez é de Bueu e traballa de cociñeiro en Disfrutar. Aínda non se cre o que está vivindo: "asumir aínda creo que non asumimos o nivel do premio. Pero é unha emoción moi grande, a verdade. O premio non nos da nada que non tiveramos antes. Seguimos traballando coa mesma idea. Ao final é un nivel de esixencia maior", cóntanos Yeray.

Formouse nas escolas de hostalería de Pontevedra e Santiago e reivindica o talento galego. A súa paixón, di, vénlle de neno. "Sempre polas tardes facía algo. En lugar dun bocadillo facía unha tortilla de pan, un biscoito ou algo así".

Xa traballara no Azurmendi de Bilbao, que ten tres estrelas Michelin. A pandemia deulle esta nova oportunidade e agora aprende de tres dos cociñeiros de maior renome de España, Oriol Castro, Eduard Xatrucht e Mateu Casañas, que traballaron a carón de Ferrán Adrá no Bulli.

Estivo primeiro no Compartir de Cadaqués e desde hai ano e medio en Disfrutar. "Nunca pensei en tirar cara a un restaurante así e moito menos chegar a isto. Á parte de receitas, xeitos de cociñar e demais aprendes unha organización, un respecto polo produto, polos compañeiros...", di Yeray.

Pasou por pastelería, carnes e peixes. Agora está na produción quente, onde elaboran salsas ou caldos... Aos 26 anos está cumprindo un soño. E cos pés na terra traballa para alcanzar outro: "Falta moita formación, tempo..., será nun futuro. Abrir algo propio a poder ser na miña vila ou o máis preto posible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade