Publicador de contidos

Publicador de contidos

Narcotráfico en Portugal: unha descarga frustrada, droga abandonada e un cadáver aboiando

Narcotráfico en Portugal: unha descarga frustrada, droga abandonada e un cadáver aboiando

Os investigadores localizaron en distintos puntos 44 fardos con, aproximadamente, unha tonelada e media de cocaína

O cadáver que apareceu aboiando no mar sospeitase que podería ser dun narco galego

G24.gal 03/04/2023 11:42

Confírmase unha repunta nas últimas semanas de operacións de chegada de droga procedente de América do Sur a través da costa atlántica ibérica como porta de entrada de droga cara a Europa. O último caso coñecido ocorreu en Portugal. As forzas da orde investigan un alixo atopado no centro do país, preto da praia de Peniche. Foi esta fin de semana.

Nun radio de 5 quilómetros apareceu unha lancha abandonada con 8 fardos de cocaína e, nun bosque próximo, 1.400 quilos desa droga en 36 fardos.

Polo momento non hai detidos pero medios portugueses e españois relacionan con esta operación a bandas galegas porque un cadáver que apareceu aboiando na zona podería ser dun narco galego.

Polo de agora recuperaron eses 44 fardos de cocaína en dous puntos distintos. Pouco antes, os axentes portugueses que se dedican a loita contra o narcotráfico identificaron varias persoas (3 galegos, un colombiano e un italiano) cunha lancha chea de combustible preparada para saír ao mar.

No mar apareceu aboiando ese cadáver que, segundo publica o xornal Diario de Pontevedra, xa identificado coma un narco galego. Segundo parece unha chamada anónima alertou as autoridades portuguesas.

Os investigadores sospeitan que esa lancha foi pola droga a unha embarcación nai e que a volta, en medio da descarga algo aconteceu e non puido realizala toda. Tiveron que fuxir a outro punto con parte da droga e abandonaron a embarcación.

O cadáver podería pertencer a un home que forma parte da tripulación desa lancha que na fuxida caeu o mar. 

Polo momento non hai máis que liñas de investigación pero si unha certeza: a repunta de casos nas costas atlánticas sempre porta de droga suramericana cara a Europa. Nas últimas semanas foron atopadas 3 narcolanchas nas costas galegas, un narco submarino localizado na ría de Arousa, e en Cerdedo o maior laboratorio de cocaína de Europa

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade