Na véspera do Día de Fátima, o santuario xa recibiu miles de peregrinos
Na véspera do Día de Fátima, o santuario xa recibiu miles de peregrinos
É a primeira celebración sen restricións desde 2019
Agárdase que o 13 de maio o santuario acolla unhas 250.000 persoas

Mañá Fátima celebra o seu día grande. Este ano lévase a cabo sen restricións de ningún tipo e nótase. Dende a organización deixárono así de claro, din que non esperaban tanta xente en absoluto e que con esta afluencia chegarán facilmente ás cifras do 2019, a preto dos 250.000 peregrinos.
Despois dun durísimo 13 de maio de 2020 confinados e un 2021 con estritísimas restricións no santuario, este ano os fieis veñen con ganas e devoción. Á unha da tarde xa se contaban 119 grupos de peregrinos de 23 nacionalides diferentes que hoxe dende aquí puideron asistir á misa en 7 idiomas.
Mañá é o día da gran peregrinación, pero esta noite, durante toda a madrugada, van transcorrer as importantísimas e tan queridas procesións nocturnas dedicadas á Virxe nai de Portugal.