Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren tres persoas ao envorcar unha furgoneta cunha vintena de migrantes en Austria

Morren tres persoas ao envorcar unha furgoneta cunha vintena de migrantes en Austria

As primeiras investigacións apuntan a que serían migrantes irregulares que viaxaban de Eslovaquia cara a Austria

A furgoneta intentaba escapar da policía para evitar un control

Tres mortos no accidente dunha furgoneta cunha vinte de migrantes en Austria Tres mortos no accidente dunha furgoneta cunha vinte de migrantes en Austria
G24.gal 13/08/2022 18:57

Polo menos tres persoas faleceron e outras 20 feríronse de distinta consideración como consecuencia do accidente dunha furgoneta ocupada por un grupo de migrantes procedentes de Eslovaquia que ían cara a Austria.

As investigacións da policía indican que o condutor acelerou o vehículo para saltar un control policial, ata que envorcou na saída da estrada cara á localidade austríaca de Kittsee, na fronteira austrohúngara.

Os mortos serían unha muller e dous homes, outras sete persoas están gravemente feridas polo que as trasladaron a hospitais da zona, algunhas delas en helicóptero.

Os migrantes viaxaban amoreados no vehículo e entre os feridos hai varios cativos. O condutor podería ser un cidadán de nacionalidade rusa.

O ministro de Interior austríaco lamentou a morte de tres persoas que "amosa unha vez máis a brutalidade e a falta de escrúpulos das mafias do contrabando. Atraen as persoas con promesas completamente falsas e arriscan as súas vidas no proceso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade