Un pai, o seu fillo e un camioneiro morren nos accidentes da A-4 (Cidade Real)
Os falecidos eran afeccionados do Sevilla e viaxaban a Madrid para ver o partido de cuartos de Copa contra o Atlético de Madrid
A densa néboa foi a causa de varios accidentes na zona, que deixaron 15 feridos

Xornada tráxica na autoestrada A-4, en Cidade Real. Morreron tres persoas e quince resultaron feridos en varios accidentes múltiples, a causa da densa néboa que había na A-4 ao seu paso polo término municipal de Santa Cruz de Mudela. Víronse implicados vinte camións, sete furgonetas e trece turismos.
Dous dos falecidos son un pai e un fillo naturais de Morón da Fronteira (Sevilla) e afeccionados do Sevilla, que viaxaban con outros familiares á Madrid para ver ao seu equipo disputar os cuartos de Copa do Rei contra o Atlético de Madrid. A terceira vítima mortal é un camioneiro do que non se teñen máis datos.
Morreron no accidente máis grave, ás 9.45 horas da mañá, no quilómetro 213 da A-4 en sentido Madrid. Ademais dos falecidos catro persoas resultaron feridas graves e nove, feridas leves. Produciuse unha colisión en cadea e doce camións, nove turismos e tres furgonetas.
O Sevilla F. C. emitiu un comunicado nas redes sociais no que lamenta "profundamente" o falecemento dos tres afeccionados e anuncia que os xogadores portarán brazalete negro, á vez que sinala que pedirá á Federación Española de Fútbol que decrete un minuto de silencio por este feito durante o encontro desta noite.
O primeiro dos accidentes produciuse ás 9.05 horas, no quilómetro 212 en sentido Andalucía, e víronse implicados tres camións e tres turismos. Nesta colisión non houbo feridos, segundo informaron fontes da Garda Civil.
O segundo accidente foi ás 9.10 horas, no mesmo quilómetro da autoestrada, pero en sentido Madrid, no que estiveron implicados cinco camións, dúas furgonetas e un turismo, e causou dous feridos leves.
Ante esta situación, o Goberno de Castela-A Mancha activou o Plan de resposta ante accidentes de tráfico con múltiples vítimas debido á cantidade de accidentes de tráfico ocorridos
Dúas das persoas feridas están na UCI
En total, dous dos feridos permanecen ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) dos hospitais xerais de Cidade Real e Albacete.
Ata o hospital de Cidade Real tamén foi trasladado outro paciente en estado grave, mentres que outros once feridos, de carácter leve, foron traslados ao hospital de Valdepeñas.
No mesmo sitio
Estes accidentes producíronse no mesmo punto da A-4 no que a pasada noite tivo lugar o choque dun total de 13 vehículos (sete camións tráiler, catro turismos, unha ambulancia e unha furgoneta) que deixaba un total de 14 persoas feridas de diversa consideración e provocaba o corte de tráfico en dirección Andalucía.