Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dúas persoas atropeladas en Valencia e a Policía detén o condutor

Morren dúas persoas atropeladas en Valencia e a Policía detén o condutor

O vehículo circulaba en dirección contraria

As  vítimas, de 30 anos, eran parella e deixan un fillo pequeno

G24.gal 29/05/2022 19:40 Última actualización 29/05/2022 19:45

En Valencia morreron dúas persoas atropeladas por un vehículo que circulaba en dirección contraria. O condutor deu positivo en alcol e está detido. Ás vítimas eran parella e deixan un fillo pequeno. 

Sucedeu de madrugada en Canals. O condutor agora detido discutiu cun grupo de persoas no interior dun pub. Segundo parece, saíu e colleu o coche coa intención de atropelalos. Comezou a circular a moita velocidade e en dirección contraria ata que atropelou a parella que cruzaba a rúa nese momento e que non tiña relación co grupo do pub.

Como consecuencia do impacto, o coche acabou debaixo dunha ponte. Os falecidos tiñan 30 e 31 anos. O home morreu no momento e a muller pouco despois no hospital. O concello decretou tres días de loito oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade