Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Hebe de Bonafini, histórica líder das Nais da Praza de Maio na Arxentina

Morre Hebe de Bonafini, histórica líder das Nais da Praza de Maio na Arxentina

Faleceu este domingo aos 93 anos de idade, confirmou a súa familia

Nai de dous fillos desaparecidos durante a ditadura na Arxentina, exerceu durante décadas como activista e defensora dos dereitos humanos

A presidenta das Nais da Praza de Maio nunha imaxe de arquivo A presidenta das Nais da Praza de Maio nunha imaxe de arquivo
G24.gal 20/11/2022 16:07

A histórica presidenta e fundadora do movemento arxentino de Nais da Praza de Maio, Hebe de Bonafini, morreu en Bo Aires aos 93 anos.

Bonafini é nai de dous fillos desaparecidos durante a ditadura e durante décadas exerceu como activista e defensora dos dereitos humanos dentro de Nais da Praza de Maio.

Déranlle a alta o 13 de outubro despois de estar ingresada tres días no hospital Italiano da
Cidade da Prata para realizar controis médicos, informa a axencia de noticias arxentina Télam.

Fundou a asociación Nais da Praza de Maio para visibilizar a desaparición de persoas durante a última ditadura, aínda que evolucionou ata constituírse nunha organización cun claro perfil político.

Hebe de Bonafini foi descrita a miúdo como a carismática e impetuosa presidenta da asociación Nais da Praza de Maio, a organización que liderou unha heroica loita polos dereitos humanos durante e despois do goberno militar arxentino dos anos 70 e 80.

En 1977, durante un dos réximes militares máis cruentos na historia da Arxentina e América Latina, o goberno mantiña unha política de desaparición forzada de disidentes políticos e opositores, moitos deles mozos.

As nais e avoas destes perseguidos políticos organizáronse, todos os xoves na praza central de Bos Aires, para buscalos e condenar a violencia estatal nunha das loitas polos dereitos humanos máis celebradas a nivel mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade