Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moción de censura en Badalona: o socialista Rubén Guijarro substitúe o popular García Albiol

Moción de censura en Badalona: o socialista Rubén Guijarro substitúe o popular García Albiol

A moción está provocada pola aparición do actual alcalde, o popular Xavier García Albiol, nos papeis de Pandora

G24.gal 08/11/2021 08:06

Badalona afrontará este luns o seu quinto pleno de investidura en tan só seis anos. Unha vez que a moción de censura prospere, o alcalde pasará a ser o voceiro socialista Rubén Guijarro.

Será o cuarto alcalde de Badalona desde 2018. A moción está provocada pola aparición do actual alcalde, o popular Xavier García Albiol, nos papeis de Pandora en que se revelaba que Albiol tivo unha conta no paraíso fiscal de Belice.

A moción está apoiada polos cinco grupos da oposición, pero o goberno quedará en minoría, pois Guanyem, o partido de Ada Colau, non formará parte do executivo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos