Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mobilización contra Ence en Pontevedra

Mobilización contra Ence en Pontevedra

Este domingo celebrouse a marcha contra celulosas que organiza cada ano a Asociación pola Defensa da Ría

Trátase da primeira marcha tras a anulación da prórroga da concesión de Costas a ENCE por parte dunha sentenza da Audiencia Nacional 

G24.gal 19/06/2022 20:12 Última actualización 19/06/2022 20:51

Baixo o lema "Ence é o pasado, loitemos polo futuro", celebrouse esta marcha que partiu de maneira simultánea dende as alamedas de Pontevedra e Marín.

Unha mobilización que cualificaron de especial por ser a primeira que se celebra tras a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión de Costas a Ence.

Unha primeira vitoria xudicial á espera dese ditame do Tribunal Supremo tras o recurso interposto por ENCE para evitar a súa saída de Lourizán. Convencidos de que xa non hai volta atrás, os participantes a esta  marcha tamén queren recuperar os terreos para uso público.

A marcha, que se celebra de maneira anual dende o ano 87, rematou coa lectura dun manifesto diante de ENCE, onde se enxalzou a loita colectiva liderada pola Asociación en Defensa da Ría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade