Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas marchan en Madrid para amosar o seu apoio á lei trans

Milleiros de persoas marchan en Madrid para amosar o seu apoio á lei trans

Pídenlle ao PSOE que non atrase máis a súa tramitación

Imaxe da manifestación. EFE/Javier López. Imaxe da manifestación. EFE/Javier López.
G24.gal 22/10/2022 19:47

Un milleiro de persoas, segundo datos da Delegación do Goberno en Madrid, manifestáronse este domingo polas rúas da capital para amosar o seu apoio á lei trans e pedirlle ao PSOE que non demore a súa tramitación.

"A identidade non se elixe, a transfobia si" ou "orgullo LGTBI, orgullo de clase" foron algúns dos lemas que se puideron ler e escoitar durante a protesta, que partiu da praza Pedro Zerolo, na honra ao dirixente socialista coñecido pola súa loita a prol dos dereitos do colectivo LGTBI.

Mar Cambrollé, presidenta da Federación Plataforma Trans, amosou a súa “indignación” polo atraso na tramitación da lei por parte do PSOE e advertiu que se o vindeiro martes hai un novo aprazamento, organizarán un "día de loita trans" en todo o Estado e convocarán actos de protestas nas sedes provinciais do PSOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade