Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a crise de prezos

Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a crise de prezos

O BNG convocou a manifestación para esixir unha saída "xusta e galega" dunha crise de prezos que cualifica como "unha grande estafa"

Ana Pontón propón a intervención pública da enerxía e a creación dunha tarifa galega para abaratar a factura da luz

G24.gal 18/12/2022 20:51 Última actualización 18/12/2022 21:15

O Bloque Nacionalista galego logrou mobilizar miles de persoas en defensa dunha saída "xusta e galega" á crise de prezos. A manifestación saíu da Alameda de Santiago e percorreu as rúas da cidade para reclamar das Administracións medidas "contundentes e valentes" que beneficien a maioría social.

Estamos no medio dunha crise que é unha grande estafa á maioría social, porque mentres moitos galegos teñen dificultades, xa non para chegar a fin de mes, senón á metade de mes, que non poden nin permitirse acender a calefacción, vemos como hai grandes empresas transacionais que se están lucrando e especulando, di  Ana Pontón, voceira nacional do BNG.

Piden  a intervención pública da enerxía, a creación dunha tarifa galega para abaratar a factura da luz, blindar a sanidade e subir as pensións máis baixas, entre outras medidas. E critican a actuación do goberno porque din que fai que paguen "os pratos rotos os de sempre".

É indecente que a Xunta non estea tomando decisións relevantes  para axudar a quen máis o necesita. A única decisión relevante deste goberno no medio desta crise, foi agasallar con 35 millóns de euros as persoas máis ricas de Galicia mentres retiraba a tarxeta básica, afirma Pontón.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade