Mellora o temporal de neve en España
Mellora o temporal de neve en España
As zonas de montaña continúan en aviso amarelo
Forte tormenta de sarabia, esta tarde, ás beiras do mar Menor, e temperaturas de 6 graos na comunidade valenciana, que só rexistran os peores días do inverno.
A serra de Madrid amenceu este mércores con imaxes máis propias do mes de decembro. As máquinas quitaneves traballaron arreo. A autoestrada de conexión con Galicia estivo pechada ata o mediodía, e tampouco se podía circular nas estradas de montaña, tal como confirman os condutores.
"Estamos ante un dos episodios de nevadas máis intensos dos últimos 20 anos", aseguran desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía.
Na cidade de Ávila, a neve acumulada acadou os 36 centímetros. "Inusualmente copiosa para finais de abril", din os expertos.
As zonas montañosas da península continúan en aviso amarelo. A cota de neve sobe ata os 1.200 metros. Segundo as previsións da AEMET, a situación empezará a mellorar considerablemente a partir desta noite.