Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural garante que haberá fondos suficientes para axudar os produtores ecolóxicos

Medio Rural garante que haberá fondos suficientes para axudar os produtores ecolóxicos

José González explicou que o ano pasado algúns quedaron sen axudas porque houbo un "incremento extraordinario" de solicitudes

O conselleiro comprometeu un "colchón orzamentario suficiente"
G24.gal 16/01/2023 13:05

A consellería de Medio Rural garante que haberá fondos suficientes para atender as solicitudes de axudas directas aos produtores ecolóxicos vinculadas ao segundo alicerce da PAC durante os próximos cinco anos.

Tras a reunión do Consello Agrario, o conselleiro José González explicou que acordaron traballar conxuntamente entre as organizacións agrarias e o CRAEGA, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, para poñer en común os datos relativos ás hectáreas declaradas en ecolóxico e así calcular os fondos necesarios.

Medio Rural asegura que se van reforzar as axudas este 2023 e nos catro vindeiros anos, para que ninguén quede sen elas, como sucedeu en 2022. O conselleiro asegurou que isto pasou por un "incremento extraordinario" de solicitudes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade