Publicador de contidos

Publicador de contidos

Media España está en aviso laranxa por altas temperaturas

Media España está en aviso laranxa por altas temperaturas

España afronta a terceira vaga de calor do verán

Sanidade atribúe dúas mil mortes á calor de xullo

G24.gal 01/08/2022 20:33

Máis da metade de España está en alerta laranxa por fenómenos aparentemente tan contraditorios como a calor, as fortes chuvias e as treboadas. Nin fontes nin abanos abondan. 

Así comeza agosto. Con días que non baixan dos 38 graos e noites sufocantes a 25.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía confirma que en zonas de Andalucía, Castela a Mancha, Estremadura ou Madrid rexistraranse, cando menos ata o xoves, temperaturas entre 5 e 10 graos por riba do normal nesta época.

Os servizos sanitarios e de emerxencias fan chamamentos á poboación para que extremen a prudencia. Especialmente os nenos, os anciáns e as persoas de risco.

Segundo unha estimación do Ministerio de Sanidade, das mortes que se produciron no mes de xullo, máis de dúas mil atribúenselle ás altas temperaturas. Os maiores picos de mortalidade rexistráronse entre os días 16 e 21, coincidindo coa segunda vaga de calor do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar