Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marchas do 25-N por toda España

Marchas do 25-N por toda España

En Madrid convocáronse máis de 30 manifestacións

G24.gal 25/11/2022 20:49 Última actualización 25/11/2022 21:35

Este serán celebráronse manifestacións por toda a xeografía española.

A máis numerosa, en Madrid, pero tamén a máis polémica.

Había convocadas ata 30 manifestacións noutros tantos barrios.

Varias ministras socialistas uníronse á feminista, convocada polas detractoras da lei trans, en que se pediu a dimisión da ministra de Igualdade, Irene Montero.

En Barcelona tamén saíron á rúa milleiros de homes e mulleres para reclamar  unha mesma causa e un mesmo obxectivo: a erradicación da violencia de xénero, e por todas as mulleres que a sofren a diario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade