Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manuel Blanco: "Estamos demostrando ser o mellor equipo de Europa"

Manuel Blanco: "Estamos demostrando ser o mellor equipo de Europa"

O presidente do Burela sacou peito ante a Champions League acadada polas Guerreiras Laranxas esta pasada fin de semana

O equipo da Mariña leva dúas temporadas seguidas gañando todos os títulos en xogo

As de Burela queren completar o éxito coa liga e a Copa da Raíña

G24.gal 06/12/2021 21:23

O presidente do Burela, Manuel Blanco, xogou onte 'Ao contraataque'. O máximo mandatario amosou  a súa felicidade tras a Champions League acadada polas Guerreiras Laranxas esta pasada fin de semana en Lugo:

"Estamos demostrando ser o mellor equipo de Europa. Levamos dous anos gañando todo. Representamos a Burela, A Mariña e Galicia. Gañar títulos sempre outorga ese puntiño diferencial"

Non tan ben marchan as cousas para o equipo masculino que a estas alturas da campaña aínda non sabe o que é gañar:

"Non é desculpa, pero temos xogadores importantes mancados e o estamos notando. A liga é moi igualada e deixamos escapar partidos que tiñamos moi cerca. Confianza total en Alberto Riquer e nos xogadores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade