Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas maniféstanse en Madrid contra as leis do aborto e a eutanasia

Milleiros de persoas maniféstanse en Madrid contra as leis do aborto e a eutanasia

Organizacións provida saen á rúa para rexeitar a interrrupción voluntaria do embarazo

G24.gal 26/06/2022 20:36 Última actualización 26/06/2022 20:54

Os  participantes denuncian o que cualifican como lei contra a verdade e a natureza humana, en referencia á lei do aborto e a da eutanasia. Convocada por máis de duascentas organizacións, esta manifestación veu coincidir coa decisión do Tribunal Supremo estadounidense que nega que o aborto sexa un dereito constitucional.

A manifestación estaba encabezada por una pancarta cun “Si á vida”. Percorreu o centro de Madrid, con consignas en contra das leis que, segundo as organizacións convocadoras, atentan contra a dignidade da persoa e pretenden modelar as conciencias da xente nova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade