Cargando resultados...
Sogas e cadeas para reclamar una baixada do IVE no sector da imaxe persoal
Sogas e cadeas para reclamar una baixada do IVE no sector da imaxe persoal
Reclaman a rebaixa do IVE ao 10 %
Sinalan que están en perigo 47.000 empregos
G24.gal
25/04/2022 14:38
Mais de 200 profesionais dos salóns de beleza mobilizáronse en Lugo para reclamarlle ao Goberno que rebaixe o IVE do sector do 21 ao 10 %. Con cadeas e mesmo sogas ao pescozo quixeron representar que se senten afogadas.
Sinalan que ao problema do IVE súmase a suba de numerosas cotas e facturas. Vense tamén gravemente afectadas pola suba da luz. A situación afecta a máis de 20.000 salóns e uns 47.000 empregos.
Olga volveu coller as tesoiras despois de verse obrigada a pechar o seu salón de peiteado.
Remataron a súa protesta cun improvisado salón ás portas da Subdelegación do Goberno porque din que actualmente están traballando con perdas.