Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o uso do campo da festa de Baión como circuíto automobilístico ilegal

Denuncian o uso do campo da festa de Baión como circuíto automobilístico ilegal

Veciños desta parroquia de Vilanova de Arousa quéixanse polo ruído e polo perigo destas actuacións de risco ao volante

Denuncian sucesos semellantes neste lugar e noutros dos arredores

G24.gal 04/07/2022 13:52

O campo da festa recuperaba este luns a súa calma habitual, pero as pegadas dos pneumáticos permanecen. Este é un lugar tranquilo, situado moi preto do pazo Baión, e esa paz interrompeuse esta fin de semana cando os veciños sentiron o ruído dos coches que usan o lugar como circuíto automobilístico nocturno.

"Eu sentín eses petardos, eses ruídos e esas cousas todas, e pensei que estaría a pasar aí, e despois dixéronme que era o derrape dos coches. Ás dúas da mañá aínda estaban", relata unha veciña. 

"Ai, dura bastante. Fun para a cama á unha e pico e aínda seguían", segundo conta outra.

Queixas polo ruído e polo perigo destes comportamentos

Os veciños quéixanse do malestar que causa o ruído e tamén advirten do perigo que supón. 

"Que veñan persoas, por dicir algo, porque iso non son persoas, non é de recibo chegar a eses extremos e, á parte, o perigo que implica, porque a roda métese aí, á velocidade que andan, e poder aparecer aí. Bah!", di un home que vive moi preto do campo da festa.

Sucesos semellantes neste lugar e noutros dos arredores

Esta non é a primeira vez que ocorre algo así neste lugar e noutros dos arredores. "Eu téñoo oído máis veces, dúas polo menos. Non sei se son os mesmos", asegura unha veciña de Baión.

E outro engade: "Tamén o fan no campo da festa de San Simón, pero agora colléronlle simpatía a este e imaxino que seguirán".

Para evitar que iso ocorra, que se repitan estes sucesos, algúns veciños piden que se reforce a vixilancia na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade