Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis dun cento de pequenas empresas presentan os seus produtos na Coruña

Máis dun cento de pequenas empresas presentan os seus produtos na Coruña

A mostra permanecerá aberta en Expocoruña ata o vindeiro mércores

G24.gal 04/12/2021 17:09

Despois da ausencia do ano pasado, a feira dos profesionais autónomos recuncou en Expocoruña. Trátase dunha cita multisectorial na que máis dun cento de pequenas empresas que transitan o camiño da recuperación buscan reforzar a súa imaxe de marca e abrir novos mercados.

A visita pode ser unha viaxe gastronómica pola xeografía peninsular con parada final na tradición reposteira portuguesa. Tamén un percorrido por Europa. Os afiadores de coitelos de Salvatore chegan á Coruña directamente dende Italia.

A da Coruña é unha das feiras multisectoriais máis importantes de España. A mostra ofrece luz despois dun túnel que para o colectivo foi demasiado longo e escuro.

O público ten a oportunidade de poñerse na pel do persoal da armada española e tamén de achegarse á realidade de varios colectivos que traballan con persoas con diversidade funcional.

Ao redor dun centenar de pequenas empresas amosan os seus produtos nesta feira que estará aberta ata o próximo mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar