Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de cen evacuados dunha cidade rusa fronteiriza con Ucraína debido aos bombardeos

Máis de cen evacuados dunha cidade rusa fronteiriza con Ucraína debido aos bombardeos

O gobernador de Bélgorod engadiu que xa informou o presidente ruso Vladimir Putin sobre a situación na fronteira con Ucraína

G24.gal 01/06/2023 11:35

Un cento de cidadáns da localidade rusa de Shebekino, fronteiriza con Ucraína, abandonaron os seus fogares debido aos constantes bombardeos ucraínos e están a ser acollidos na cidade de Bélgorod, informou o alcalde da urbe Valentín Demídov.

"Nestes momentos ten lugar o proceso de inscrición: xa foron rexistradas 134 persoas, 34 delas menores de idade, que recibirán refuxio no estadio Bélgorod Area, con capacidade para máis de 1.000 persoas".

Segundo Demídov: "A situación no distrito é cada vez máis complexa. Por iso dámoslles a posibilidade a todos os interesados de quedaren en Bélgorod".

O alcalde sinalou que no estadio foron creadas varias zonas para familias con nenos e para persoas con mobilidade limitada, entre outras, que son atendidas por psicólogos e médicos.

"Preparamos outros dous centros temporais de refuxiados para recibir a xente (...) Trataremos de ofrecerlles o maior coidado e atención", engadiu.

O portavoz do Kremlin Dmitri Peskov declarou que o presidente ruso Vladimir Putin recibe constantemente información sobre a situación na rexión de Bélgorod.

Shebekino é obxecto de intensos bombardeos ucraínos desde a madrugada de hoxe, como consecuencia dos cales hai polo menos oito feridos, informou pola súa banda o gobernador da rexión de Bélgorod Viacheslav Gladkov.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade