Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis da metade dos españois din que a suba de prezos afecta moito ao seu consumo

Máis da metade dos españois din que a suba de prezos afecta moito ao seu consumo

Os hábitos de compra dos consumidores mudan ata incluso prescindir de produtos básicos

G24.gal 04/07/2022 14:48

Un de cada tres españois xa recortaron os seus gastos por mor da inflación. Case o 95 por cento aseguran que senten o impacto do encarecemento dos produtos, segundo a enquisa de 40dB para El País.  

Os que notaron moito a suba da vida superan o 60 por cento. Hai máis do trinta que cren que no seu día a día o aumento dos prezos foi bastante. Responderon pouco, menos do 4 por cento. 

As familias afrontan como poden esta suba xeneralizada dos prezos. A inflación está provocando que muden mesmo os gastos tan básicos como é a cesta da compra. E é que ante os prezos desbocados de produtos tan básicos como o aceite, os ovos ou a froita, aos consumidores non lles queda outra que axustar os seus hábitos.

Máis ofertas, máis marcas brancas e mesmo prescindir dos produtos que máis encareceron nos últimos meses. Ademais xa se está notando un maior tirón do crédito.

E estes recortes na cesta da compra tamén se trasladan ao resto de hábitos de consumo, como é a restauranción, o ocio ou a roupa que tamén se están resentindo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade