Publicador de contidos

Publicador de contidos

Macron aproba por decreto a reforma das pensións

Macron aproba por decreto a reforma das pensións

A reforma eleva a idade de xubilación dous anos

O Goberno utiliza a Constitución para aprobala sen votación na Asemblea e a oposición anuncia mocións de censura

G24.gal 17/03/2023 08:30 Última actualización 17/03/2023 08:55

A primeira ministra francesa anuncia o uso do artigo 49 parágrafo 3 da Constitución para aprobar a reforma das pensións, que eleva a idade de xubilación dous anos, dos 62 aos 64. O cambio poderá así aprobarse sen votación na Asemblea Nacional. 

A modo de protesta, os deputados de esquerda cantaron A Marsellesa. Non faltaron os apupos e as peticións de dimisión a Elisabeth Borne. 

Protestas nas rúas contra a medida

"Isto é inadmisible, evidentemente", dixo Marine Le Pen, rival de Macron nas presidenciais. A líder da extrema dereita anunciou unha moción de censura ao Goberno de Borne. A esquerda, baixo o mando dos insubmisos de Mélenchon, pensa noutra. 

As sondaxes din que dous terzos dos franceses están en contra desta reforma, que tamén acelera a esixencia de cotizar 43 anos para cobrar a pensión completa. De inmediato se produciron manifestacións espontáneas. A policía de París informou de 120 detidos ao remate das protestas. Os sindicatos anunciaron unha xornada de folga para o próximo xoves, 23 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade