Publicador de contidos

Publicador de contidos

Macron aparta do Goberno o ministro denunciado por abusos sexuais

Macron aparta do Goberno o ministro denunciado por abusos sexuais

O presidente francés remodela o seu gabinete tras perder a maioría absoluta no Parlamento, pero mantén os pesos pesados

G24.gal 04/07/2022 11:04

O presidente francés Emmanuel Macron remodelou este luns o seu Goberno despois de perder a maioría absoluta nas lexislativas de xuño. No gabinete mantéñense as principais figuras que estaban desde maio nas carteiras de Economía, Interior, Defensa, Xustiza ou Exteriores. 

Na remodelación inclúese a saída do ministro de Solidariedade e de Persoas Discapacitadas, o conservador Damien Abad, que estaba cuestionado polas acusacións de varias mulleres de violencia sexual, que deron lugar a semana pasada á apertura dunha investigación xudicial por intento de violación. Foi substituído por Jean-Christophe Combe.

Abandonan o Executivo tres ministras: a de Sanidade Brigitte Bourgignon, a da Transición Enerxética Amélie de Montchalin e a do Mar Justine Benin, que non foron elixidas nas lexislativas do mes de xuño. É a aplicación dunha regra non escrita desde hai moitos anos que establece que os perdedores nunhas eleccións non poden formar parte do Goberno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade