Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio forestal de Carnota, que calcinou unhas 125 hectáreas

Controlado o incendio forestal de Carnota, que calcinou unhas 125 hectáreas

Investigan se a orixe do lume puido ser un coche ardendo

Nun primeiro momento, as lapas obrigaron a evacuar por precaución algunhas casas 

G24.gal 13/02/2023 09:43 Última actualización 13/02/2023 12:05

A noite foi complicada en Carnota por mor dun incendio forestal que prendía onte ás tres da tarde na parroquia de San Martiño de Lariño. Nun primeiro momento, as lapas obrigaron a evacuar por precaución algunhas casas en que o lume estaba preto.

As lapas calcinaron finalmente un total dunhas 125 hectáreas e xa se investiga se a orixe do lume puido ser un coche ardendo. No inicio houbo catro puntos activos de lume, pero na mañá do lune só estivo activo un deles na parroquia do Pindo, na zona de Quilmas. 

O alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, confirmou que xa non hai perigo para ningunha vivenda. Cinco brigadas, seis motobombas e un helicóptero traballan na zona para controlar este incendio, que a Consellería do Medio Rural dá por estabilizado.

Tamén obrigou a cortar varias horas a estrada AC-550 entre as parroquias de Lariño e Lira, pero xa está restablecida a circulación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade